viernes, 16 de noviembre de 2007

BOMBARDEIG

Hai demasiadas forzas
rabeadas da súa meta
tamén neste
altoaire que, en apariencia,
sulcan as estrelas.
Paul Celan

Piloto,
co método de morte
asubía o ceo,
no espanto potente do átomo
comeza a viaxe no interior da cuncha,
a doenza.
O paxaro de noite
arrinca esta ompeia do cemento
con actividade cafeínica,
o seu peteiro métese
na carne do proxecto.
O exilio embulle as serpes
que marcan o camino.

No seu poder
desminte o graznido,
parece calma
pero o berro da maquina
pide máis corpos
e cubre de cinza a cidade
que divide a multitude
na que aboia a persoa morta.

No hay comentarios.: