miércoles, 13 de febrero de 2008

MULLER TRANSPORTE I


3 comentarios:

Aura dijo...

Curiosa galería de imprevistos la suya...
Un saludo.

rockraak dijo...

son muy prestosos tus trabajos!
gustame mucho este dibujo en particular porqué me hace pensar en la (no)diferencia entre animales (no humanos) y los humanos. El transporte injusto para todos y a su vez el encanto maternal del personaje. ya me flipé!
Lorena

Anxo dijo...

Galego. Queiras ou non es galego. Galiza. Gústeche ou non vives na Galiza. Político. Es un animal político. Non votes, votes a Xan, votes a Roque, é unha decisión política. Pensa no que se loitou para conseguir o dereito a voto. Vas desprezalo? Vota... “Pero os políticos son todos iguais!”. Mentira! Iguais non, parecidos. Vota.

E dime, vas votar aos partidos estatais? Bótaos, non te representan, non te defenden. Non os votes. Hai máis cores que o branco e negro. Non todo é rosa ou gaivota... “E logo a quen hei votar? Ao Bloque Nacionalista Galego?... É que eu non son nacionalista”. E iso que importa!

Galego. Queiras ou non es galego. Galiza. Gústeche ou non vives na Galiza. Tes os mesmos problemas ca min, adoecemos do mesmo:
-déficit de infraestruturas (cal foi o último lugar ao que chegou o ferrocarril?... e a historia estase repetindo co Ave, ou non?);
-bloqueo dos nosos sectores produtivos (construción naval, sector agrario, lácteo, pesqueiro...);
-avance na privatización do ensino público;
-impedimentos para acadar a normalización lingüística;
-necesidade do traspaso de competencias ao Goberno de Galiza (tráfico, salvamento marítimo [sabes cantas persoas faleceron no mar desde o que vai de ano? 14. Lembra o Prestige. Paréceche que dende Madrid xestionan ben a nosa costa?], seguridade viaria), etc.

Aínda que non cho pareza as decisión que se toman no Parlamento español aféctanos, e moito (orzamentos, pensións [onde hai unhas das máis baixas?], estradas, impostos...). Vota ao PSOE-PP e haberá uns cantos deputados lambéndolle o cu aos seus respectivos presidentes de partido Zapatero e Rajoy. Vota o BNG e terás deputados fieis aos intereses de Galiza e do pobo galego, con criterio independente, pensando en Galiza e pensando nos galegos, defendendo os nosos dereitos como pobo, reclamando melloras para a nosa nación. Vota ao PSOE-PP e terás uns deputados-servos de Zapatero e Rajoy. Vota ao BNG e terás uns deputados-servos de Galiza, que non teñen máis amo que o pobo galego, que non teñen máis dono que Galicia.

Chegou o momento da decisión. O futuro e a historia estala a escribir neste momento. Son as decisións individuais dos cidadáns transformadas en vontade colectiva as que gobernan a historia e deciden o futuro. Decide, escolle. E se non te convenzo arreda do noxento bipartidismo, o gran tumor das democracias, vota a Esquerda Unida.

BNG Galiza Nova
Organización xuvenil do BNG

www.bng-galiza.org www.galizanova.org

www.cuartos.blogaliza.org