domingo, 25 de mayo de 2008

BRUCE DICKINSON, FILMMAKER


Do what thou wilt shall be the whole of the Law

Parece ser que Bruce Dickinson colleu este fin de semana o seu propio avión e voou cara Cannes, o motivo, non encher de sublimes berridos ningunha arena, non, esta vez foi presentar o seu novo filme Chemical Wedding do que é guionista, se esto era pouco, ademais o filme usa a figura de FRATER PERDURABO, si señores e señoras nin mais nin menos que Aleister Crowley. Según parece Bruce sintese atraido pola figura deste prohome dende os 15 anos, e tal vez esto poda explicar o seu polifacetismo (cantante de Iron Maiden, escritor, piloto de avións comercials, actor e espadachín). O filme coelaborado co director Julian Doyle, antiguo creador de videos de Iron Maiden, parece versar sobre o espiritu de Aleister Crowley volvendo á terra neste tempo actual, non a loitar contra os pijos, ou eso creemos. Pois eso boas novas para jevis e outras xentes, pronto nas salas con mellor gusto.

Love is the law, love under will

No hay comentarios.: