jueves, 22 de mayo de 2008

NOVA ZELANDA IS DIFFERENT

Por suposto, como a maioría dos lugares, polo menos esto é o que puden apreciar nesta a miña pequena viaxe por Nova Zelanda. A pesar de estar alí por dous meses e medio, a gran parte do tempo foi traballando nunha bodega en vendima, co que esto supón, moitas horas de traballo coa consecuente inmersión nesa realidade concreta. Polo tanto non tiven demasiado tempo do que se da en chamar viaxar. Non son persoa que tenta extraer conclusións, pero unha vez estou neste hemisferio de novo, e o meu corpo e ciclo mental están mais ou menos reestablecidos, hai unha palabra que ven a mente cando penso en NZ, esta é a palabra Kitsch. Non sei se é que accidentalmente acabei empuxado por algunha forza ós epicentros do extrano. Foi nestes lugares onde me din conta desa liberdade estética que non foi tan doada de atopar noutros lugares que visitei. Tal vez a palabra Kitsch é demasiado peiorativa, pero a intencion desta historia non é nin a de catalogar nin a de minorizar estéticamente, só poñer en contexto as fotos que podedes ver. Con gran admiración por esta liberdade que modifica. Coma homenaxe a esos sitios, Blenheim, Wellington, Rotorua, Christchurch sirva este post.


Ejaculation Helmet no TE PAPA, Wellington, Museo Nacional de Nova Zelanda, un moi recomendable museo interdisciplinar


No mesmo museo, non na sección de arte moderno. Na placa pon algo así como "batido de collon de coello infectado con rabbit calicivirus" .


Festa de graduación en espacio público en Palmerston North, había canapés


Sorprendeme a cantidade de animais
esmagados na estrada
no bus na noite a Wellington,
e eu só quero durmir.
Preguntome que tipo de animais
son estes irrecoñecibles.
Entón a lebre entra pola esquerda do meu ollo
e metese baixo as rodas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

todo um pracer ler quando narras,
deverias, já cho dixem outras vezes, escreber mais histórias!

contar historias

bikos irmán